Manuel Moleiro presenta no Salon du Livre de Paris: O Libro de Horas de Enrique VIII

Manuel Moleiro presenta no Salon du Livre de Paris: O Libro de Horas de Enrique VIII


Manuel Moleiro presenta no Salon du Livre de Paris: O Libro de Horas de Enrique VIII

O editor ourensán Manuel Moleiro participa estes días no Salon du Livre de París, unha das citas máis importantes do mundo do libro, para presentar unha das novedades da súa editorial: O Libro de Horas de Enrique VIII. Aproveitamos esta boa nova para falar de novo co editor, nunha entrevista na que nos conta datos sobre este libro de horas e na que nos fala tamén do seu traballo como responsable dunha empresa que leva o seu nome, que está ubicada en Barcelona e que se dedica a clonar, con total exactitude, tesouros bibliográficos como beatos, libros de horas, mapas, atlas e biblias, entre outros. Na actualidade, a editorial que dirixe Manuel Moleiro está considerada como a máis prestixiosa do mundo en canto a reprodución de códices.

- Durante os días 22 a 25 de marzo estará presente no Salón du Livre de Paris. Como editor, cal é a importancia de participar nesta cita, considerada como unha das máis importantes do mundo do libro?

- París, dende sempre, ten un encanto especial para a cultura. Non debemos esquencer que Francia foi na Idade Media o centro de produción de códices, especialmente libros de horas, máis importante de Europa. Tamén en París está a Bibliothèque Nationale de France, que é a que ten un fondo máis amplo de manuscritos con pinturas, atlas e mapas en todo o mundo.

- Nesta feira danse cita os autores máis recoñecidos e as novidades do mundo editorial. Como editor, é difícil ter un oco neste espazo?

- O que edita Manuel Moleiro é tan diferente ao que fan os demais editores que o mesmo Salon du Livre gravounos un vídeo para a súa propia promoción entre o público francés. É máis, o Salón creou un espazo: Art Square, para resaltar o noso traballo e atraer a atención neste sentido. O feito de que a persoa poida ver, tocar e, por suposto, poseer os mesmos manuscritos que con anterioridade tiveron figuras tan relevantes como Isabel A Católica, Ana de Bretaña, Margarita de Austria, o Duque de Berry, e o emperador Carlos V, entre outros, ten un interese e un encanto especial.

- Presentará no Salón unha das novidades da súa editorial, o Libro de Horas de Enrique VIII. Fáleme desta obra.

- O Libro de Horas de Enrique VII é produto dun momento no que as monarquías europeas se distinguían pola fastuosidade dos seus códices. A posesión deste tipo de obras era unha mostra de poder. Todos os reis importantes desa época reunían na súa corte a un equipo de pintores, expertos en caligrafía, debuxantes e cartógrafos en labores de este tipo. En moitos casos, posuían un auténtico scriptorium ou, no seu defecto, contrataban estas obras cos máis notables artistas con taller propio.

- Cal é o aspecto máis característico que subliñaría do libro?

- A impactante beleza das súas miniaturas, obra do artista Jean Poyer, pleno de sensibilidade no debuxo e fascinante no uso das cores. Non debemos olvidar que é a obra do monarca máis famoso e inquietante da historia de Inglaterra.

- Como chegou ás súas mans o orixinal desta peza? Por que decidiu apostar por ella para facer unha réplica exacta?

- Unha parte importante do meu traballo consiste en localizar onde se atopan os tesouros bibliográficos, neste caso na Morgan Library & Museum de Nueva York e despois examinalos detidamente e confirmar que a información previa concorda coa realidade. O feito xa de facelo é o de contar coa complicidade da Morgan Library para que de a autorización pertinente.

Os seus traballos caracterízanse pola gran meticulosidade coa que están feitos. Neste caso, canto tempo lles levou facer a réplica? Que traballo de investigación seguiron para facela posible? 

- O tempo de realización é o habitual necesario para este tipo de traballos, onde debes verificar micra a micra cada páxina do manuscrito, a exactitude da cromía e que cada material que se utilice sexa o mesmo que no manuscrito orixinal. Hai que conseguir que o clon non sexa posible diferencialo visualmente do orixinal. Dito de outra maneira, que incluso teña o mesmo olor que o orixinal que desfrutou o rei de Inglaterra, Enrique VIII.

- Cantos exemplares imprimiron?

- Sempre facemos os mesmos exemplares: 987, numerados e certificados notarialmente.

- É vostede ourensán. Cónteme: como chegou a Barcelona e como acabou sendo editor?

- Viñen a Barcelona a estudiar cinematografía e xornalismo. En Ourense non era posible facer o que eu desexaba dende neno.

Que é o que máis lle apaixona do seu traballo?

- O contacto cos manuscritos e todo tipo de documentos da alta cultura realizados, preferentemente, na Idade Media e o Renacemento.

Cando fala dos seus traballos non lle gusta utilizar o término “facsímil”. Cónteme por que?

- O que nós facemos, como di Le Monde, está moi por riba do que xeralmente se coñece como facsímil: “La maison d’édition espagnole Moleiro a inventé le concept de “presque original”, plus adapte pour rendre compte du travail artisanal extrêmement minutieux réalisé pour éditer ces ouvrages plus proches du clone que du fac-similé »

- Canta xente hai agora mesmo traballando na súa empresa?

- Pouco máis de 70 persoas.

- A que tipo de público vai dirixido o seu produto?

- Culto e coa capacidade de emocionarse ante a beleza.

Os seus libros, son un artigo de luxo?

- Non. Son soamente un luxo do intelecto. Soamente as persoas coa capacidade de sentir a arte poden ter este tipo de obras. Hai que ter algo máis que cartos.

Imaxine: Se non fora editor, que sería hoxe Manuel Moleiro?

- Produtor e director de cine.

Cookie preferences

We use our own and third-party cookies to improve our services by analyzing your browsing habits. For more information, you can read our cookie policy. You can accept all cookies, configure them, or reject their use by clicking one of the buttons below.