Manuel Moleiro: "Os meus facsímiles son case orixinais"

Manuel Moleiro: "Os meus facsímiles son case orixinais"


Manuel Moleiro:

Deixou Xornalismo para ser editor de facsímiles de incunables que denomina "case orixinais''. ¿Como xurdiu esta paixón?
Traballei na Enciclopedia Británica e tiven unha editorial en sociedade, pero o meu afán de independencia levoume a editar algo singular e foron os facsímiles.

¿Cal foi o primeiro?
Comecei polo Acto de don Fernando en dona Sancha.

¿É un traballo difícil?
Si. Primeiro hai que atopar o libro e logo conseguir os permisos para facer a copia. Agora utilizamos fotografía, informática e fabricamos artesanalmente o mesmo papel do orixinal. Logo queda conseguir as cores e os dourados.

¿E a exposición na Coruña?
Escoitei na radio e na televisión o alcalde Francisco Vázquez e pareceume un home moi culto e preparado en historia antiga. Ofrecinlle a mostra, aceptouna e cedeume a sala do Concello.

¿Cal é o máis antigo dos que amosa nesta exposición?
O primeiro códice sobre medicina que é do II século a.C.

¿E o máis novo?
O Atlas de Diego Home de Portugal, de 1565. Está en planos soltos e ofrécense nun cartafol.

¿Cantos saen en cada tiraxe?
Son 287. Deles, 7 quedan para a editorial, anque ás veces xorde un gran compromiso e temos que dispor dalgún. Un dos máis recentes foi o Libro de horas de Carlos VIII, do que a esposa do presidente Bush quedou engaiolada cando o viu na Biblioteca Nacional. Entón quixeron agasallala e tiven que vender un dos meus porque estaba esgotado.

¿Cales son os prezos?
Depende das dificultades de copia, pero pódese calcular entre os 500 e os 14.000 euros. O que pasa é que cando se esgotan entran nun mercado de segunda man, no que eu non participo, e algún pode pasar das 300.000 pesetas ós dous millóns.

¿É difícil vendelos?
As edicións son curtas e máis ou menos coñecemos os nosos clientes. Mercan universidades e institucións e, en canto a particulares, están os que teñen un só libro sobre a súa vila ou dos seus devanceiros, e os que xa teñen varios porque os coleccionan.

¿Como conseguen os orixinais?
Buscando moito e facendo as xestións. Hainos en diversos idiomas, mesmo en chinés e en ruso, e proceden de bibliotecas e museos. Ó principio era máis difícil, pero agora xa somos coñecidos e temos creto. Iso si, somos nós os que temos que desprazarnos a onde está o libro. Para El libro de horas de Luis de Orleáns fomos a San Petesburgo.

ALBINO MALLO



Preferências de cookies

Utilizamos cookies próprias e de terceiros para melhorar os nossos serviços através da análise dos seus hábitos de navegação. Para mais informações, pode ler nossa política de cookies. Pode aceitar todos os cookies, configurá-los ou rejeitar a sua utilização clicando num dos botões abaixo.