Son Case - Orixinais

Son Case - Orixinais


Son Case - Orixinais

D'eixou a carreira de xornalismo, na súa especialidade de audiovisual para dedicarse á edición de libros en Barcelona, pero Manuel Moleiro, un galego nado en San Facundo de Cea namorouse dos libros antigos e creou unha editorial especializada en reproducilos baixo o acertado nome de case orixinais porque en realidade son feitos tecnicamente con tanta habilidade que salvo grandes expertos nos poden distinguir.

Leva xa máis de vintecinco, cifra elevada se se ten en conta que o proceso de cada un chega a preto dun ano entre a elección, a solicitude de permisos, os traballos preparatorios previos e finalmente a edición. Os libros que reproduce non saen dos centros onde se atopan polo que Moleiro, co seu equipo técnico, ten que trasladarse ó lugar montando un laboratorio completo para facer o traballo que está baseado na fotografía, na infografía e no estudio técnico tanto das cores como dos dourados e tamén os papeis para crear a reproducir nas mellores condicións a obra elixida que comprende un período dende dous séculos denantes de Xesucristo ata os séculos XV e XVI.

Os prezos dos libros varían moito segundo o traballo que den, o tamaño, o número de páxinas e as miniaturas que leven, pero pódese calcular entre os 500 e os 14.000 euros. Nembargantes, Moleiro explica que, unha vez easgotada a edición de cada un, que é de 287 exemplares, a meirande parte deles revalorízanse nas vendas de segunda man. "Eu xa non entre nese negocio, porque non lles sigo a pista, pero teño novas de que nalgúns casos mutiplicaron por dez o seu valor''. Da tirada, quedas sempre con sete exemplares, "anque nalgunha ocasión tiven compromisos tan ineludibles de foi preciso vender algún como no caso do Libro de horas de Carlos VIII que a muller do presidente Busch dos Estados Unidos viu na Biblioteca Nacional e namorouse tanto del que quixéronlle facer un agasallo e non tiven máis remedio que desprendeme dun dos que gardaba para min''.

Para o editor, cada libro é unha obra de arte que se reproduce á perfección e chega a ser case orixinal, por iso lle resulta difícil citar favoritos. Fala do primeiro que preparou que foi a Acta de don Fernando y Doña Sancha, o Libro del caballero Zifar, a primeira novela de cabalerías escrita en castelán que leva 240 miniaturas ilustrativas, o Salterio glosado que se atopa na Biblioteca Nacional de Francia ou o Libro de las horas de Luis de Orleáns que está actualmente na Biblioteca Nacional de Rusia, da cidade de San Petersburgo. Tamén cita o Libro de los medicamentos simples un dos tratados de medeciña máis celebres da idade media ou a Biblia de San Luis gardada na actualidade na Catedral primada de Toledo.

En canto a libros galegos, aínda non atopou algún que lle ofreza interese porque o máis importante, o Códice Calixtino, ten xa feita unha edición facsímile. "En New York estiven a ver textos orixinais de Martín Codax, pero son só unhas poucas follas e no Arquivo Histórico Nacional teñen un pequeño Libro do Mosteiro de Toxos Outos, pero carece de ilustracións, así que seguiremos buscando porque gostaríame atopar algún importante que procedera de Galicia''. Outro libro curioso que reproduciu e o Libro del golf, unhas obra do belga Simón Bening a maneira de calendario no que, na parte inferior de cada folla hai escenas deportivas e outros pasatempos do ano 1530 no que está datado. Complétase con miniaturas que ilustran algunhas das actividades cotiás do século XVI, tanto no traballo como no lecer.

Preferências de cookies

Utilizamos cookies próprias e de terceiros para melhorar os nossos serviços através da análise dos seus hábitos de navegação. Para mais informações, pode ler nossa política de cookies. Pode aceitar todos os cookies, configurá-los ou rejeitar a sua utilização clicando num dos botões abaixo.