Pergaminho Vindel

Cantiga 4 do Pergaminho Vindel de Martin Codax - The Morgan Library & Museum, Nova York

Voltar

Cantiga 4

Ai Deus, se sab’ ora meu amigo
com’ eu senneira estou en Vigo?
e vou namorada.

Ai Deus, se sab’ ora meu amado
com’ eu en Vigo senneira manno?
e vou namorada.

Com’ eu senneira estou en Vigo
e nullas gardas non ei comigo,
e vou namorada.

Com’ eu senneira en Vigo manno
e nullas gardas migo non trago,
e vou namorada.

E nullas gardas non ei comigo
ergas meus ollos que choran migo,
e vou namorada.

E nullas gardas migo non trago
ergas meus ollos que choran ambos,
e vou namorada.
 
Martin Codax, segunda metade do séc. XIII


We use private and third party cookies to improve our services by analyzing your browsing habits. If you continue to browse, we consider that you accept its use. Learn more x